O FAROL

DENDE 1983

RESERVA

RESERVA PARA ASEGURAR MESA

Reserva online en 30 segundos para un máximo de 9 persoas. Se sodes 10 ou máis persoas chama por teléfono no noso horario de apertura.

CARTAS

PIZZAS, TAPAS, CERVEXAS... TI ELIXES

PEDIDOS

ENCARGA ONLINE OU POR TELÉFONO

Ti elixes, podémoscho levar a casa ou pasas ti a recollelo polo bar.

GALERÍA

MIRA AS NOSAS FOTOS

o farol carta de mediodia
o farol vigo carta cervezas
o farol carta de cena y de noche

HISTORIA

OS NOSOS INICIOS

O Farol tal como agora o coñecedes abriu as portas en Bueu na noite de San Xoán de 1983.

Pero iso non foi o inicio. Nos anos anteriores á apertura do Farol, uns xoves Manolo e Elena xa fixeron un par de experimentos coma chiringo de festas para a semana da verbena do barrio da Banda do Río. Un baixo cunhas mesas e unhas sillas de andar por casa, pementos de Padrón, viño do país e pouco máis, amáis dunha chea de ilusión e o xerme dunha idea.

Esa idea foi tomando forma nos seguintes meses, cristalizando nunha taberna cunha visión moi sixela e moi clara dende a apertura: boa comida, boas cervexas e boa música nun local típico, bonito e acolledor.

A idea estaba clara pero o nome non tanto, por iso cando Manolo e Elena abriron o seu local no verán do 83 non lle puxeron ningún. Era unha taberna sen nome. Pero si puxeron un farol de ferro enriba da porta de entrada. Deste xeito foi a xente do pobo a que, co paso de tempo, decididiu que este sitio ó que lles gustaba ir tomar algo cos amigos debiase de chamar O Farol.

Foron chegando novas tapas, as pizzas (con mención especial á nosa creación máis popular: a pizza de polbo), cervexas de cada vez máis páises e máis grifos instalados, ata que en 2005 O Farol decidiu medrar, engandindo ó orixinal o local do lado, ó que hoxe en día se accede a través do gran arco de pedra.

Co paso dos anos O Farol foise convertindo nun modesto clásico da vida de Bueu, participando en todas as actividades sociais e culturais que se podía e chegando a organizar festivais de música para máis de 3.000 persoas.

E foi no 2019 cando O Farol chegou alén das fronteiras do pobo coa apertura de outro local en Vigo, na Praza de Compostela, coa firme intención de manter a mesma proposta e o mesmo carácter ca o orixinal buenense.

Bueu ou Vigo, visítanos onde che veña mellor, pero ven!

INFO

ONDE ESTAMOS?

Luns…………….. Pechado
Martes………… Pechado
Mércoles……. 19:30-23:00
Xoves………….. 19:30-23:00
Venres………… 19:30-00:00
Sábado……….. 13:30-16:00 e 19:30-00:00
Domingo……. 13:30-16:00 e 19:30-23:00